Orixe Gastronomía Galega

Benvidos

Despois de que a miña curiosidade por coñecer novas culturas e gastronomías levoume a diferentes lugares do mundo, decidín volver á miña orixe, Galicia, para poñer en valor a gastronomía e o produto galego de toda a vida.

O mesmo que ágora lle fan chamar ecolóxico, querendo facer énfase na súa auténtica conexión coas súas raíces naturais.

E a verdade é que ese produto é o que as nosas nais e avoas ensináronnos a cociñar, a traballar nos fogóns e gozar. Un produto natural, sen estridencias. Só o produto, consentido e coidado como outrora transmitíronnos.

Cociña de lume lento, consentida e envolta na cultura galega, que non se pode entender se non entendemos previamente a forma de vida que tiñamos, que temos e que seguiremos tendo. A nosa forma de ser, de estar, de vestir, de falar, de sentir e de transmitir.

E é que Galicia é rica en gastronomía polo rica que é a nosa diversidade. Así, temos que un mesmo prato, como pode ser o caldo galego, sexa totalmente diferente desde Mazaricos ata Castro Caldelas.

Temos unha cociña con moita tempada, pois a comida sempre foi ligada ao traballo, e non e o mesmo un traballo de mar ou de campo realizado no inverno ou no verán. A comida, a bebida, a nosa razón de ser.

Esta é a miña aposta, a que quero compartir convosco. Convosco, galegos como eu, para poder ofrecervos aqueles sabores tan auténticos e lembralos de novo. E convosco, o resto do mundo, para que poñades na vosa boca e gocedes con coñecemento da nosa riqueza gastronómica. Porque, a nosa esencia é compartir, humildemente, o galegos que somos.

Sede benvidos.

Martin Pais